|
Diagnóstico do deseño
|
|
|
Estudos de mercado (volumes de vendas, competencia, prezos, etc.), estudo de materiais e alternativas, proposta de medios produtivos.
|
|
|
|
Deseño e realización de prototipos
|
|
|
Tanto no ámbito de elementos individuais como de equipos completos, baseándose no potencial de ferramentas CAD/CAM/CAE.
|
|
|
|
Asesoría/Implantación de ferramentas CAD
|
|
|
Estudo da ferramenta de deseño que mellor se adapta ao seu sector, ao seu produto e á súa forma de facer.
Realízase a implantación a través da formación correspondente, estudando os procesos máis axeitados para seguir e actualizando o histórico dos seus traballos, ata a completa integración da ferramenta no seu proceso produtivo.
|
|
|
|
Simulación Funcional:
|
|
|
Visualización en 3D, antes da fabricación, que se utiliza para confirmar ou corrixir o deseño dun elemento, mecanismo ou instalación. Permite unha visión intuitiva e comprensible para todo o mundo, facilitando os labores de explicación a outros enxeñeiros, directivos ou clientes.
|
|
|
|
Prototipado Rápido:
|
|
|
Reproducións a partir de ficheiros de modelos 3D en materiais (tipo nailon), ou ben de resinas por coada ao baleiro en moldes de silicona e tamén en metal obtidas por fundición á cera perdida (microfusión).
|
|
|
|
Enxeñería inversa
|
|
|
Obtención da xeometría 3D de calquera compoñente xa existente para o seu redeseñado por CAD e a súa posterior fabricación final.
Obtención do modelo 3D partindo dun modelo en material maleable para a súa posterior utilización en producións dixitais audiovisuais.
A partir de resonancia magnética nuclear (RNM) ou tomografía axial computerizada (TAC) para estudos médicos, presentacións en congresos, deseños de férulas, próteses, etc., determinando de forma precisa as dimensións dos órganos e axudando os especialistas ao diagnóstico e posterior tratamento ou intervención cirúrxica
|
|
|
|