Obxectivos
un pix trans Obxectivos Estratéxicos un pix trans
un pix trans


- Acadar unha dinámica de mellora continua no ámbito da I+D+I que permita crear novos produtos e servicios transferibles a o sector industrial galego.

- Fomentar actuacións para a relación, participación e colaboración con organismos e entidades públicas de calquera índole que teñan como obxectivo proxectos e actuacións de I+D+I.

- Elaborar propostas de acción para o desenvolvemento en materia de promoción industrial e innovación tecnolóxica vinculadas a fondos públicos, en especial de carácter europeo, e executar as propostas resoltas favorablemente coa máxima calidade posible dacordo a subvención concedida.

- Promover todo tipo de estudos e proxectos con empresas, clústeres, distritos industriais, entidades e asociacións privadas, que teñan como obxetivo á innovación.

- Involucrar aos medios de comunicación no proceso de difusión e promoción da calidade, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, así como dinfundir estes conceptos na sociedade galega.

- Impulsar medidas tendentes á promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como á mellora da conciliación entre a vida profesional e a vida persoal.

 


 

 









Unidades do CIS



  • Administración e Servicios Centrais. Unidade encargada do mantemento e funcionamento xeral do centro, así como do mantemento dos sistemas de comunicación e microinformático, contabilidade, publicidade do CIS, sistemas de calidade, xestión de recursos humanos, sistema de prevención de riscos laborais, etc.


  • Oficina de Programas Internacionais de I+D+I, OPIDI. Unidade que ten como fin incrementar a participación galega nos programas de I+D+i internacionais


  • Unidade de Coordinación de Servicios e Centros Tecnolóxicos. Servitex. Unidade encargada da implantación da Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia.


  • Unidade de Vixilancia e Transferencia Tecnolóxica. Unidade de Vixilancia estratéxica, económica e tecnolóxica que fornece de servicios avanzados a o sistema galego de I+D+I.


  • Centro de Realidade Virtual, IDC Galicia. Unidade de Deseño e Realidade Virtual. Presentacións en 3D e aplicacións de Realidade Virtual.


  • Unidade de Tecnoloxías da Producción e Software Industrial. Unidade adicada a realización de proxectos de I+D+I no ámbito das aplicacións do software, a robótica e a visión artificial ás tecnoloxías da unión e a os procesos de calidade industrial


  • Unidade de Deseño e Prototipado. Unidade adicada a realización de proxectos de I+D+I no ámbito do diseño industrial.