CUESTIONARIO DE DETECCIÓN DE NECESIDADES DE FORMACIÓN
Obxectivo do cuestionario
Este cuestionario ten como obxectivo detectar aquelas necesidades formativas da súa organización, ás que o CIS GALICIA, dende a súa experiencia en promoción da innovación e formación poida dar resposta. Tomando como referencia, entroutras, este cuestionario, programarase un calendario de actividades formativas que sexan de interese e resulten útiles para as entidades galegas.