Esta xornada está incluída nas actividades do nodo Galactea Plus da rede Enterprise Europe Network, que ten a finalidade de executar o compromiso de Europa coas pequenas empresas para o acceso e incorporación de tecnoloxías innovadoras.
OBXECTIVOS
Dar a coñecer e demostrar o potencial comercial e a utilidade dos resultados da investigación desenvolvida en distintas entidades, así como as distintas fórmulas empregadas para darlle valor a estes resultados. Trátase de aportar instrumentos para reflexionar sobre a importancia das canles de saída dos resultados de investigación cara o tecido industrial e o mercado, e polo tanto, cara as empresas.
DOCUMENTACIÓN
Pode descargar a documentación da xornada, un grupo de arquivos .pdf, premendo no seguinte enlace.
Paquete de Documentación (formato zip, 15'1 Mbytes)
AXENDA
| 09:20 – 9:30 |
Benvida e Presentación |
| |
Presentación de Galactea- EEN
CIS Galicia. Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia |
| 09:30 – 10:30 |
Estratexia de valorización e transferencia de resultados
|
| |
-Identificación de resultados transferibles e avaliación de potencial
-Protección de resultados
-Identificación de necesidades de maduración e proposta de proxectos de valorización.
-Negociación, xestión e seguemento de contratos de transferencia de resultados.
-Creación de empresas con base en resultados de investigación (spin-offs).
Rafael Fernando Pardo Seco. Área de Valorización, Transferencia e Emprendimento. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA |
| 10:30 – 11:00 |
Apoio á valoración de tecnoloxías nun Campus de Excelencia |
| |
A experiencia de Campus Vida
José Luis Villaverde. Director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendimento. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA |
| 11:00 – 11:30 |
Pausa - Café |
| 11:30 – 12:00 |
Apoio á valorización de tecnoloxías no sistema galego de innovación.
Abelardo Nimo. SEGAPI. AXENCIA GALEGA DA INNOVACIÓN
|
| 12:30 – 13:00 |
Proxecto de valorización de resultados de investigacións sanitarias do SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.
Carlos Peña Gil. Proxecto INNOVA-SAÚDE Plataforma innovación SERGAS |
| 13:00 – 13:30 |
Aportación doutas entidades á maduración de resultados: Fondo de inversión en ciencia da Fundación Barrié.
Javier López. Director da FUNDACIÓN BARRIÉ |
| 13:30 – 13:50 |
A creación dunha spin off fruto da valorización de resultados: Health in Code
Lorenzo Montserrat Iglesias. Director Científico. HEALTH IN CODE |
| 13:50 – 14:00 |
Rolda de preguntas e clausura |
INSCRICIÓN
A inscrición e gratuita.
Prazas: Limitadas. No caso de que haxa un maior número de solicitudes que de prazas, asignaránse por orde de inscrición.
Data límite de inscrición: 28 de xaneiro de 2013
MÁIS INFORMACIÓN
Teléfono: 981 33 71 33
Correo electrónico: formacion@cisgalicia.org
Web: www.cisgalicia.org
|