Organiza: CIS GALICIA.
Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia
Teléfono: 981 33 71 33
email: formacion@cisgalicia.org
Lugar: CIS GALICIA. A Cabana, s/n, 15590 FERROL
Datas: 12, 14, 19 e 21 de xuño de 2012



OBXECTIVOS DA ACCIÓN FORMATIVA

Este curso permitirá aos asistentes coñecer os mecanismos e as regras de participación, así como a estratexia para participar con éxito na implementación dos proxectos do 7º Programa Cadro da Unión Europea, principalmente.

O curso ten un enfoque eminentemente práctico para proporcionar o coñecemento necesario aos xestores de organismos de investigación e empresas de Galicia sobre:

  • apoio á elaboración de propostas
  • xestión técnica e financeira
  • explotación dos resultados dos proxectos europeos
  • promoción de proxectos internacionais



DESTINATARIOS

Entidades galegas que desenvolvan actividades de I+D+i e, preferentemente, relacionadas co Programa Cadro da Unión Europea

Dirixido a: Profesionais de diferentes ámbitos que queiran especializarse na promoción e xestión de proxectos da I+D europeos. Profesionais que traballen na promoción e xestión da ciencia, a tecnoloxía e a innovación e que necesiten actualizar os seus coñecementos.



METODOLOXÍA

O curso consta de 5 módulos cunha duración total de 16 horas realizadas ao longo do mes de xuño de 2012.  Os módulos realizaranse en 2 días por semana, martes e xoves en horario de 9:30 a 14:00 horas, cunha parte teórica e unha práctica diarias.



PROFESORADO

O profesorado estará formado principalmente por expertos nacionais e técnicos de xestión e promoción con ampla experiencia en proxectos de 7º Programa Cadro.



VISITAS A INSTITUCIÓNS COMUNITARIAS

O curso ofrecerá a opción, a aqueles alumnos que asistan a máis dun 80% das horas lectivas, de realizar unha estadía de dous días en Bruxelas na primeira semana de xullo,  con entrevistas concertadas con funcionarios da Comisión Europea, e de coñecer outras institucións de apoio como son a Fundación Galicia Europa, a sede da Oficina Europea do MICINN, a sede do CSIC,  SOST, REPER, etc…

A organización resérvase o dereito de anular a visita se polo menos o 50% dos alumnos non confirma a súa estadía.




 
Organiza:
 
Colabora: xunta i2c