Se non pode ver correctamente este e-mail, prema aquí
  Data: 3-25 Novembro de 2011
  Horario: xoves, das 16:00 ás 20:30 horas
venres, das 9:30 ás 14:00 horas
  Lugar: EGAP- Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela)
OBXECTIVOS DA ACCIÓN FORMATIVA
Este curso permitirá aos asistentes coñecer os mecanismos e as regras de participación, así como a estratexia para participar con éxito na implementación dos proxectos do 7º Programa Cadro da Unión Europea, principalmente.

O curso ten un enfoque eminentemente práctico para proporcionar o coñecemento necesario aos xestores de organismos e empresas de investigación galega sobre: promoción de proxectos internacionais, apoio á elaboración de propostas xestión técnica e financeira, e explotación dos resultados dos proxectos europeos.

DESTINATARIOS
Entidades galegas relacionadas con actividades de I+D+i e, preferentemente, relacionadas cos Programas Cadro da Unión Europea.

Dirixido a: Profesionais de diferentes ámbitos que queiran especializarse na promoción e xestión de proxectos da I+D Profesionais que traballen no ámbito da promoción e xestión da ciencia, a tecnoloxía e a innovación e que queiran especializarse ou actualizar os seus coñecementos.

As prazas estarán limitadas a 25, que se concederán en función dos criterios de selección seguintes:
- Orde na inscrición
- Limitarase a 2 o número de prazas por institución.

A organización reservarase o dereito de cancelar o curso se non se acada un número mínimo de participantes.
 
Acceda á información completa
 
 
 
Organiza:
 
Colabora: i2c xunta