ENGLISH ESPAÑOL GALEGO
presentación
CIS GALICIA é un centro tecnolóxico que ten como misión aumentar a capacidade de innovación da industria galega, mellorando a súa competitividade a través da xeración e aplicación de tecnoloxía e coñecemento.

Nos últimos anos o centro participou en diversos proxectos de I+D a nivel rexional, nacional e europeo. Asimesmo prestou servizos a empresas de diferentes sectores como o da automoción, naval, audiovisual, enerxético…

Inicia a súa actividade o 29 de xullo de 1995, primeiro baixo a tutela do Igape e a partires do 1 de xaneiro de 2014 integrándose dentro da Axencia Galega de Innovación
   ÚLTIMAS NOTICIAS

O CIS Galicia será host da VR Jam. (1 ao 7 de xuño)

O CIS Galicia será host da Spain VR Jam que se celebra entre o 1 e o 7 de Xuño de 2015.

A VR Jam é un evento de realidade virtual aberto para todas aquelas persoas que estean a desenvolver tanto videoxogos coma deseños multimedia enfocados á realidade virtual. Tamén está dirixido a todos aqueles afeccionados ás novas tecnoloxías que queiran experimentar coa realidade virtual, así como outros perfís tales como artistas, deseñadores, músicos, etc. que queiran unirse aos equipos que compoñerán as JAM

Os desenvolvementos están orientados a calquera dos dispositivos Oculus Rift ou Samsung Gear VR.
O CIS Galicia pon a disposición dos desenvolvedores de realidade virtual un equipo e un Oculus Rift no que poden comprobar o progreso dos seus desenvolvementos.

Para participar, os interesados teñen que rexistrar a súa simulación virtual na páxina: http://www.realovirtual.com/es/vrjam

Desenvolvemento de App de visita virtual Praza de Abastos. (22 de maio)

A Axencia Galega de Innovación a través do CIS Galicia, desenvolveu para a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, un novo proxecto demostrador. Trátase dunha simulación virtual que permite pasear polo Mercado de Abastos da cidade de Santiago de Compostela dende dispositivos móbiles. Este mercado, converteuse no segundo punto turístico máis importante de Santiago tras a Catedral.

Na simulación o usuario pode obter información sobre as naves que forman o Mercado e realizar un paseo polo seu espazo central ou entrar na peixaría. Tamén é posible cambiar as condicións climatolóxicas e percorrer o mercado nun día chuvioso ou soleado.

Unha das liñas de traballo do CIS Galicia é o deseño e xeración de aplicacións baseadas en Realidade Virtual, Realidade Aumentada e Estereoscopía en todo tipo de sistemas de visualización: Cova inmersiva, PC, Web, Móbil e outros dispositivos desenvolvidos para cada necesidade. Con iso preténdese mostrar o enorme potencial das tecnoloxías de RV/RA, xeneralizar o seu uso e impulsar o desenvolvemento de empresas relacionadas con estas tecnoloxías. Para iso o CIS GALICIA ponse a disposición de todas as entidades públicas e privadas para asesorar, informar, formar e axudar a descubrir as aplicacións destas tecnoloxías.

mercado5

 

Acto de presentación do plan de acción do CIS Galicia. (6 de febreiro)

O CIS Galicia presentou o pasado día 6 de Febreiro o seu Plan de Acción que se desenvolverá nos próximos anos en colaboración cos axentes do ecosistema de I+D+i galego.

O CIS Galicia comezou recentemente a súa nova andaina dentro da Axencia Galega de Innovación, como instrumento de apoio para que as pemes galegas incorporen tecnoloxías facilitadoras e da fábrica do futuro.

No acto estivo presente o Conselleiro de Industria Francisco Conde así como o Alcalde de Ferrol Manuel Rey Varela e a Directora de Turismo de Galicia Nava Castro entre outras personalidades.

presentacion CIS


Noticia no Diario de Ferrol
Noticia en Ferrol 360
Noticia na Voz de Galicia
Noticia en Finanzas

FITUR (30 xaneiro – 1 febreiro)

A Axencia Galega de Innovación, nun dos seus centros, o CIS Galicia, desenvolveu para a Axencia de Turismo de Galicia dúas aplicacións de realidade virtual e unha de realidade aumentada para o posto que Galicia presentou na feira de turismo FITUR 2015.

As dúas aplicacións de realidade virtual mostran o botafumeiro en funcionamento dentro da catedral de Santiago; unha delas desenvolveuse para un casco de realidade virtual Sensics e contou cun sensor de movemento integrado polos técnicos do CIS. A outra, funciona en plataformas móbiles e é compatible coa tecnoloxía Google Cardboard polo que se pode visualizar nos lentes de cartón que se entregaron no evento. Unha terceira aplicación, utiliza realidade aumentada para mostrar en detalle o botafumeiro e tamén é compatible cos lentes descritos anteriormente.

A Axencia Galega de Innovación a través do CIS Galicia, colabora con sectores estratéxicos de Galicia desenvolvendo diferentes accións de demostración para mostrar o enorme potencial das tecnoloxías de realidade virtual e de realidade aumentada, xeneralizar o seu uso en todos os sectores, impulsar o desenvolvemento de empresas relacionadas con estas tecnoloxías e fomentar o desenvolvemento tecnolóxico das empresas do sector turístico mostrando como estas tecnoloxías poden impulsar o sector turístico e ao mesmo tempo valorizar o Patrimonio Histórico, Cultural e Natural.

fitur


http://www.crtvg.es/esta-pasando/arranca-fitur-2015-990549
http://www.crtvg.es/rg/podcast/a-tarde-a-tarde-do-dia-28-01-2015-991278
http://www.turgalicia.es/canle-institucional/actualidade/detalle-nova?langId=es_ES&content=nova_0404.html&ordRs=0
http://www.crtvg.es/informativos/mais-encontros-profesionais-artesania-e-realidade-virtual-para-promocionar-galicia-en-fitur-985416
https://www.youtube.com/watch?v=B0uSwHgq8IM

Máis Noticias